Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2013

PUBLICACIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS

   O ministerio acaba de trasladarnos e adiantarnos a publicacion das listaxes definitivas do concurso de traslados. Comunícanos así mesmo que o concurso anunciado con data 15-4-2013, publicarase o día 19-11-2013 no BOE. A data de cesamento para o corpo de Tramitación será o día 26-11-2013 e a de Xestión e Auxilio o 3-12-2013.

LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUIDOS OPOSICIONS SECRETARIOS

   No BOE de hoxe publícase a Orde,  pola que  se procede a aprobar e publicar as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo, pola quenda libre e a de promoción interna, para ingreso no corpo de secretarios xudiciais, así como a publicar no anexo as relacións de excluídos, con expresión das causas da súa non admisión.  

PUBLICADA NO BOE A CONVOCATORIA DE OPOSICIONS AO CORPO DE XESTION

   No día de hoxe publícase no BOE a convocatoria de oposicións para o acceso ao corpo de Xestión ao servizo da Administración de Xustiza.    O importe das taxas para poder participar serán de 10,99 euros para a promoción e 21,98 euros para a quenda libre ou 5,50 euros e 10.99 euros, respectivamente, se se ten dereito a redución.    O prazo de presentación de instancias finaliza o 13 de novembro  e a solicitude terá que descargarse da páxina www.mjusticia.gob.es

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

    Publicáronse na intranet no día de hoxe  avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. Prazo de presentación de instancias: 22, 23 e 24 de outubro Novas substitucións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oSUhGNkV2QUlqUTA/edit?usp=sharing

CONVOCATORIA OPOSICIONS 2013

   Segundo información do Ministerio de Xustiza as oposicións ao corpo de Xestión, quendas de promoción interna e libre, serán convocadas o vindeiro 24 de outubro , data da súa publicación prevista no BOE, abríndose para inscrición o prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte da publicación. Convocatoria oposicións

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ULTIMAS ADXUDICACIÓNS

    Publicáronse na intranet no día de hoxe  avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución así como a adxudicación das últimas ofertadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Prazo de presentación de instancias: 17, 18 e 21 de outubro Novas substitucións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oUURJd3JsZlBkOTg/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oa3FfcDlOT2JSSmM/edit?usp=sharing

BASES COMÚNS OPOSICIÓNS XESTIÓN 2013

  O Ministerio acaba de trasladarnos as bases comúns que rexerán os procesos de oposición aprobados na oferta de emprego público deste ano. Ditas bases serán publicadas no BOE de mañá, 17 de outubro. Posteriormente, nos vindeiros días, sairá publicada a convocatoria de oposicións ao corpo de Xestión para que todo o mundo interesado en participar poida botar a súa instancia que este ano será totalmente xestionada de xeito informático.

CONCENTRACIÓN DIANTE DA EGAP EN DEFENSA DOS NOSOS SALARIOS

Mañán  día 15 de outubro, as 13:00 horas, diante da EGAP, con motivo da xuntanza da Mesa Xeral da Función Pública, haberá unha concentración de delegadas/os en defensa dos nosos dereitos laborais e contra os recortes salariais que un ano máis o Sr. Feijoo vai levar a cabo.

NOVOS CURSOS EGAP - ALEMÁN E FRANCÉS

   A EGAP acaba de publicar no DOGA de hoxe a convocatoria de sendos cursos de alemán e fránces para o persoal ao servizo da Xunta de Galiza.    Poderá participar nas accións formativas convocadas por esta resolución o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma galega que se atope en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos para cada un dos cursos no anexo II.    O prazo de inscrición finaliza as 14:00 horas do día 17 de outubro.e a matrícula deberase facer a través da páxina web da EGAP no enlace que vos facilitamos abaixo.

NOVAS ADXUDICACIÓNS E OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

    Publicáronse na intranet no día de hoxe as  adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre titulares así como os avisos de desocupación de novas prazas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Adxudicacións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oR0hra3NZQzFZNE0/edit?usp=sharing Novas substitucións: https://docs.google.com/file/d/0B1Ch8kTx8o5oUmNaZmVMRTRmbDA/edit?usp=sharing   (Prazo de instancias o 3. 4 e 7 de outubro) :