Sen entrar a valorar que no mes de xuño a Xunta nos quitou 435,60 € cando o maximo que se percibe polo CAT son 427,20 € e, polo tanto, retirou cartos doutros conceptos retributivos que non son da súa competencia, o que resulta realmente prexudicial é que tanto no mes de xuño como no mes de decembro a tributación ao IRPF fíxose tendo en conta como percepcións brutas unhas contías que non son as reais, concretamente en xuño para corpo de Tramitación por exemplo, o cálculo do IRPF empregase como base 3796,80 € cando realmente deberían ter sido 3361,20 € (3796,80 - 435.60 = 3361,20 €) e no mes de decembro emprégase como base 3747,64 € cando realmente deberían ter sido 3328,81 € (3747,64 - 418,83 = 3328,81 €) o que daria, segundo as porcentaxes de retención en ditos meses, (xuño 3361,20 x 16,54% = 555,94€) (decembro 3328,81 x 14,75% = 491€), do que se deduce unha retención indebida por IRPF de +133,82 € (627,99 + 552,77 - 555,94 - 491 = 133,82 €). E dicir, non só tivemos que pade