A xornada de convivencia, convocada pola Plataforma Galega polo dereito ao aborto , da que a CIG forma parte, terá lugar en VIGO durante toda a xornada do vindeiro 15 DE XUÑO e comezará cunha manifestación que sairá ás 12:00 horas dende a Estación de Tren e rematará na Praza da Constitución , onde terá lugar unha asemblea aberta e darase leitura ao manifesto. A CIG, como organización convócante, irá representada na faixa nacional da Plataforma, así como nas faixas das Plataformas locais, e ademais, levaremos faixa propia da CIG co lema "Polo noso dereito a decidir. Aborto libre e gratuíto" . O xantar colectivo terá lugar na Praza do Pobo galego, a partir das 14:30 horas, desenvolvéndose a romaría lila entre as 13 horas e as 18 horas desde a Rúa do Príncipe até a Praza do Pobo, onde diversas organizacións terán os seus postos onde consultar e mercar materiais feministas, libros e publicacións, artesanato de mulleres, entre outros, rematando a xornada con varias