Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

PERÍODO COTIZACIÓN ASIMILADO AO PARTO

A Lei 3/ 2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes estableceu un   período de cotización asimilado ao parto; esta é una información da que moitas traballadoras non teñen coñecemento a hora de solicitar a súa xubilación por idade ou por incapacidade, sobre todo cando o tempo cotizado non é suficiente, polo que, na nota informativa que vos achegamos no enlace de abaixo, pasamos a explicarvos en que consiste dito dereito e como teriades que exercelo. Nota informativa sobre período de cotización por parto

PUBLICACION NO BOE DA LISTAXE DEFINITIVA DE APROBADOS - PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN

No BOE de hoxe, 24 de setembro, sae publicada a Orde JUS/1706/2014, de 16 de setembro, pola que se publica a relación definitiva de aprobados do proceso selectivo ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda de promoción interna, convocado pola Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro.

NOVOS AVISOS DE SUBSTITUCIÓNS E DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Publicáronse na intranet no día 22/09/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 22, 23 e 24 DE SETEMBRO Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNU0pfZ2xQa2FibDQ/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMjFHTUk1MU9uaUU/edit?usp=sharing

RECTIFICACIÓN PUNTUACIÓNS APROBADOS PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN

O Ministerio de Xustiza , a través da súa paxina web acaba de publicar, en relación co proceso selectivo de acceso ao corpo de Xestión pola quenda de promoción interna, as seguintes rectificacións nas puntuacións:   No listado da Comunidade Valenciana rectificar a puntuación da Lingua Autonómica (Anexo II) de Dª BEGOÑA PASTOR VAQUER de 18 puntos. No listado da Comunidade de Madrid (Anexo I) Dª RAQUEL MARTINEZ MARTÍN, a súa puntuación final na fase de concurso debe ser de 12,72 puntos. No listado da Comunidade de Cataluña existe un erro cometido na cualificación do coñecemento da Lingua Autonómica (Anexo II) referido a Dª MARIA TERESA CALVO FERNANDEZ, e se comunica que a puntuación que  lle corresponde  a esa opositora e de 18 puntos, sin que iso afecte ás cualificacións dos demais opositores.

NOMEAMENTO FUNCIONARIOS EN PRACTICAS - SECRETARIOS XUDICIAIS - OP2013

Hoxe o Ministerio de Xustiza ven de publicar na súa páxina web a Orde de 12 de setembro de 2014 , pola que se nomean funcionarios en prácticas aos opositores aprobados pola quenda libre das probas de acceso ao corpo de Secretarios Xudiciais convocadas pola Orde JUS/1287/2013, de 26 de xuño.

CONCESIÓN DUN DÍA MÁIS DE ASUNTOS PARTICULARES

No BOE de hoxe sae publicada a Lei 15/2014, de 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa, na que no seu Capítulo IV se modifica a letra k) do artigo 48 do Estatuto Básico do Empregado Público  (Lei 7/2007, de 12 de abril)  e se conceden cinco días de asuntos particulares no canto dos catro que tiñamos ata o de agora. Aproxímanse as eleccións e as malas novas do axuste público solicitado por Europa, polo que é mellor ter algo contenta a "tropa" antes de comunicar o groso das medidas de reaxuste que se van ter que levar a cabo por imposición europea. Que ben, xa temos un día máis de asuntos particulares daqueles que nos hurtaron fai uns anos. Lei 15/2014, de 16 de setembro.

XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA - RELACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS

Publicado no día de hoxe o Acordo do 15 de setembro do Tribunal Calificador Único , polo que se fai pública a relación definitiva de méritos da fase de concurso e se eleva á Secretaría de Estado de Xustiza a proposta de aprobados no acceso pola quenda de promoción interna do corpo de xestión procesual e administrativa dos procesos selectivos convocados pola Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro (BOE do 24 de outubro)   Acordo do 15 de setembro de Méritos definitivos PI Xestión Anexo I Relación definitiva de Méritos PI Xestión Anexo II Proposta de Aprobados PI Xestión Anexo III Corrección de erros Comunidade Valenciana PI Xestión

CONVOCADAS OPOSICIÓNS CORPO DE SECRETARIOS XUDICIAIS

No BOE de hoxe 11 de setembro sae publicada a Orde JUS/1615/2014, de 4 de septembr o , pola que se convoca proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre e polo sistema de promoción interna, ao corpo de Secretarios Xudiciais.

LISTAXES PROVISIONAIS DE INTERINOS - ORDENADOS POR PUNTUACIÓN

Publicouse na intranet e no DOG de hoxe a  Resolución do 2 de setembro de 2014 pola que se aproba a listaxe provisional de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 15 de xaneiro de 2014. Lémbrase que o prazo de reclamacións é  de 10 días hábiles dende a súa publicación e remata o 23 de setembro de 2014 (incluído) Xestión A Coruña por puntos Xestión Lugo por puntos Xestión Ourense por puntos Xestión Pontevedra por puntos Tramitación A Coruña por puntos Tramitación Lugo por puntos Tramitación Ourense por puntos Tramitación Pontevedra por puntos Auxilio A Coruña por puntos Auxilio Lugo por puntos Auxilio Ourense por puntos Auxilio Pontevedra por puntos Excluídos Xestión Galiza Excluídos Tramitación Galiza Excluídos Auxilio Galiza

PUBLICACIÓN LISTAXES DE INTERINOS - 11 DE SETEMBRO

Segundo comunica a Dirección Xeral de Xustiza, o vindeiro 11 de setembro publicarase no DOG a RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014 pola que se aproba a listaxe provisional de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 15 de xaneiro de 2014. As listaxes publicaranse nos taboleiros oficiais da Dirección Xeral de Xustiza, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos das capitais de provincia e das cidades de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, así como no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ÚLTIMAS ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet no día 04/09/2014 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 4, 5 e 8 DE SETEMBRO Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdVNoSldVMEpKbnM/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYzVCMXpoQWNPZ3c/edit?usp=sharing