Saltar ao contido principal

XUNTANZA CO CONSELLEIRO DE FACENDA E O DIRECTOR XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA

O Conselleiro adianta que a Xunta de Galiza se limitará a trasladar ao persoal que dependa da Xunta de Galiza os contidos dos decretos establecidos polo goberno español. A Mesa xeral que está convocada para hoxe día 15-09-2015 tan só abordará o pagamento do 25% da paga extraordinaria adebedada do ano 2012; pagamento que , segundo palabras do Conselleiro, podería ser efectivo no mes de novembro ou decembro deste ano. Xunto a isto efectifizarase un dia de asuntos propios que se poderá disfrutar este ano 2015. 
1) En canto aos días adicionais de permiso e de vacacións por antigüidade, a Xunta de Galiza convocará negociación proximamente.
2) Avance orzamentos Xunta ano 2016: - Pagamento do 50% paga extraordinaria adebedada do ano 2012 e trasposición do contido dos orzamentos xerais do estado  (1% subida salarial, taxas de reposición 100% servicios esenciais, 50% resto de servizos....) . 
3) Non hai intención de recuperación de ningún dos recortes realizados pola Xunta de Galiza ao seu persoal (no noso caso o CAT), nin recuperación das extras completas, nin recuperación do 100% das retribucións en situación de IT dende o primeiro día, nin restitución da xornada laboral modificada a diferentes colectivos....

Lembrade que as políticas salariais ata o ano 2015, en canto a perda de poder adquisitivo das/os traballadoras/es das administracións públicas galegas, elévase a máis do 30% dende o ano 2010.

CIG Área Pública considera que o goberno da Xunta de Galiza e a súa administración está a realizar unha política de cara os servizos públicos que ven  dominada polas instrucións que recibe do estado español, ignorando completamente cal é a realidade que esta a soportar e sufrir os seus servizos públicos, así como o persoal que depende da mesma.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.