A nosa central sindical dispón este ano dun total de 21 habitacións reservadas nas Residencias de Tempo Libre: - No caso De Panxón, dispoñemos de 10 habitacións: 4 delas de 2 prazas, e 6 delas de 3 prazas. - No caso do Carballiño, dispoñemos dun total de 11 habitacións: 2 delas dunha praza, 7 de 2 prazas e 2 de 4 prazas PRAZO: - Tedes até o venres 13 de marzo para achegar as solicitudes de praza nas Residencias de Tempo Libre de Panxón-O Carballiño, por medio do fax 981358760 ou do correo politicasociais@galizacig.gal - O modelo oficia l está recollido no DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2015. Podedes descargalo na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150218/AnuncioCA05-120215-0001_gl.html - Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais e a distribución de