Como xa vos informaramos, na reunión celebrada en Madrid o día 28, o Ministro de Xustiza anunciou aos sindicatos presentes na mesa Estatal de Xustiza, entre os que estaba a CIG, que a a decisión que ten tomada o Goberno é abandonar de xeito definitivo o proxecto de entrega do Rexistro Civil aos Rexistradores da Propiedade. O ministro afirmou que non se trata dunha mera paralización ou demora, senón que retiran definitivamente o proxecto privatizador no que viñan traballando; para iso van modificar as disposicións legais onde se mencionan aos Rexistradores e se prorrogará a entrada en vigor da Lei 20/2011 polo menos ate a segunda metade do ano 2016. Dende a CIG-Xustiza non podemos máis que alegrarnos de ter obrigado, entre tod@s, ao Goberno a retirar o Proxecto privatizador do Rexistro Civil, e isto demostra que a loita e a presión do persoal de Xustiza e da cidadanía co apoio sindical si son efectivas. A CIG-Xustiza non cesará na súa