No DOG de hoxe, xoves 31 de marzo, saen publicadas as axudas aos traballadores que se acolleron á redución da xornada de traballo, e da que tamén se poden beneficiar as traballadoras que formen parte dunha familia monoparental, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, durante polo menos 60 días, para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos (ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %). Hai de prazo para solicitar as axudas desde o 1 de abril até o 1 de maio de 2016.