O MINISTERIO INTENTA NINGUNEARNOS AO NOIN CONVIDARNOS A UNHA XUNTANZA CO RESTO DE CENTRAIS SINDICAIS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
As Seccións de Xustiza dos sindicatos CIG e ELA denunciamos ante a Secretaría de Estado de Xustiza a falta de consideracion ao non ter sido citados, no día de onte, 21/12/16, á xuntanza que se celebrou no Ministerio de Xustiza entre a Secretaria de Estado de Xustiza e o Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, coas organizacións sindicaís estatais. A díta reunión tiñamos o dereito sindical a ser citados e a acudir, toda vez que, á luz das informacións publicadas, se trataron temas de ambito estatal tales como: Recuperación dos TRES DÍAS de asuntos particulares, que esixen unha modificación da LOPX e lle serían aplicables a todas as/os funcionarias/os de xustiza do estado. Tamén en relación á OEP da que se falou sobre a posibilidade ou non de acumulación das OEP 2015 (Médicos Forenses), OEP 2016 e a vindeira OEP 2017, cuestión esencial que afecta a todos os ámbitos territoriais. Negociación das substitucións e plans de formación.