Poderíase facer unha canción infantil con este estribillo, da cantidade de veces que os politicos, tanto de ámbito estatal como de ámbito autonómico, teñen repetido esta expresión do papel CERO na Administración de Xustiza que, de tanto repetilo, vai camiño de converterse nun mantra.
Perplexos estamos como, no mesmo día, no periódico da "Voz de Galicia", saen publicadas dúas noticias totalmente contradictorias a unha da outra.A primeira indica que se imprime na Administración de Xustiza (supoñemos que en Vigo) a cantidade de 1.000.000 de folios ao mes e, pola outra banda, hai un único xulgado desta cidade (e mesmo en toda a Comunidade Autónoma) que consegue aforrar a impresión de 1000 folios ao día. Máis aló das cifras, o máis salientable e triste das noticias e que a día de hoxe non está implementado o expediente dixital nin o papel cero (e tampouco se lle espera). Resulta, cando menos curioso, que o xulgado pioneiro e que foi quen de ir aforrando 1000 folios ao día intentando dende fai ano e medio implementar o expediente dixital, fai un mes que lle puideron instalar o visor informático do expediente dixital; vamos que durante máis de 15 meses o xulgado "pioneiro" estivo, como se dí comúnmente, a velas vir. Estes son os medios cos que contamos na xustiza e cos que día a día temos que bregar para controlar aos ladrons de guante branco (banqueiros) e aos ladróns de guante negro e aqueles outros que non levan guantes, véxase, políticos corruptos.
Ligazóns "Voz de Galicia":
Comentarios
Publicar un comentario