Saltar ao contido principal

XUNTANZA DO REXISTRO CIVIL - IMOS CARA OUTRA "VACATIO LEGIS"



https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVVNvUnh1M2N4a3M/view?usp=sharingEsta é a terceira reunión na que se aborda a modificación da Lei 20/11 do RC (a segunda presidida por Catalá). Foi convocada trala alerta desatada coa remisión do borrador da reforma, que lonxe de garantir a permanencia dos RC en todos os Concellos, como o Ministro e o Director xeral nos manifestaran verbalmente, permite que cunha soa oficina xeral se atenda a toda Galiza.


Nesta reunión, na que estamos presentes os sindicatos máis representativos CIG, ELA, CCOO e  UGT e as corporativistas STAJ e CSIF, o Ministro afirmou que é consciente de que este asunto está xerando polémica, e de aí que a razón de manter esta reunión sexa  dar tranquilidade  ao funcionariado, deixando claro que o RC ten que seguir sendo público e gratuito, cercano ao cidadán, mantendo a estructura e a planta actual. Chama a atención que o discurso do Ministro concorde maioritariamente coas nosas pretensións, pero non se parece en nada ao que contén o borrador da reforma da lei. A dita reforma debe aprobarse antes de xullo, pero pola premura de tempo o Goberno está  a falar co PSOE da posibilidade dunha nova vacatio.

A CIG mantivo a súa postura e apostou por unha xustiza de proximidade, debendo existir oficinas do Rexistro Civil en todos os Concellos. Cada unha desas oficinas debe estar dotada únicamente por persoal da Administración de Xustiza.
          En consecuencia, solicitamos que todas elas deben dispór de, alomenos, persoal do corpo de xestión procesual e administrativa, tendo a condición de encargados/as. O carácter público do RC é incuestionable, polo que instamos a reversión da privatización iniciada, recuperando a competencia exclusiva en materia de nacionalidades e casamentos. Tamén instamos á supresión das DF 5 e 5bis, eliminando o "repago" posto que este servizo público xa está financiado con cargo aos PXE e ten que conservar a súa gratuidade.

Ante as alegacións das OOSS, o Ministro recoñeceu que o tema competencial é delicado, e que non lle está a resultar fácil lidiar coas CCAA para que se manteñan todas as oficinas actuais; aínda que o Ministerio, según el, estea por mantelas, non descarta que algunha CA poida facer o que lle pete. En canto ao mantemento das competencias dos Xulgados de Paz, manifestou que o van valorar e non descartou revertir a privatización da  tramitación dos expedientes de nacionalidade, posto que, segundo el, “ non se mudou por privatizar senón por desatascar”.

En canto a unha nova vacatio, que sería de  un ou dous anos, debería aprobarse xa.

O que se vai aprobar este venres é o anteproxecto de orzamentos, no que se inclúe unha OPE con moitas prazas e a creación de novos xulgados (a este respecto, o Ministerio manifestou que non cre que se poidan ofertar esas novas prazas no concurso deste ano)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.