Saltar ao contido principal

SENTENZAS SOBRE SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS

A CIG tentou por todos os medios que aquelas compañeiras/os que están a realizar substitucións verticais cobraran o 100% das súas retribucións. Fumos os ÚNICOS que, nunha aposta arriscada pero moi meditada e ben argumentada, levamos novamente ante os tribunais de xustiza de Galiza esta reclamación histórica, xa que pola vía da negociación resultou de todo imposible acadar ningunha mellora ante a Dirección Xeral de Xustiza. Froito desta insistencia e da defensa dos nosos dereitos como traballadoras/es, foron sendas demandas presentadas en Pontevedra e Lugo, amparando ditas reclamacións nas sentenzas europeas sobre non discriminación entre retribucións do persoal titular e o persoal eventual ou interino, a fin de poder saltar e evitar a xurisprudencia que estableceu na nosa comunidade o TSX de Galiza e tamén o TSupremo. Tristemente, as nosas pretensións non fructificaron, a pesares de que nunha das sentenzas (a outra mellor non comentala, xa que de xeito ilóxico nos aplican a lei de función pública galega, da que non formamos nin sequera parte), a Maxistrada valora a nosa argumentación e ten serias dúbidas sobre o particular que sometemos ao seu ditame, pero non suficientes como para elevar consulta ao propio Tribunal Europeo, polo que finalmente se desestimaron as demandas presentadas impedíndose así, novamente, que o persoal titular que realiza substitucións cobre o 100% das restribucións da praza na que se realiza a mesma. Como vedes, a CIG non se arredou á hora de prantexar esta reclamación e o fixo do mellor xeito posible, que é moito máis do que outros poden dicir, ainda que finalmente non acadáramos o noso obxectivo. A día de hoxe, e dadas todas estas circunstancias adversas, seguiremos a intentar na mesa sectorial do Ministerio, vía modificación do Art. 74 do Regulamento de Ingreso, que se corrixa esta desigualdade.

Ligazón sentenza:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.