Recentemente realizouse en Vigo, a instancias da CIG, unha visita do Servizo de Prevención de Riscos Laborais ás salas de autopsias de Vigo, sitas no Tanatorio Vigo Memorial e no Hospital Nicolás Peña. Curiosamente temos que
centrar a problemática que imos detallar a continuación nas instalacións ubicadas no Tanatorio Vigo Memorial e no Hospital Nicolás Péña. Curiosamente temos que centrar a problemática que imos detallar a continuación nas instalacións ubicadas neste último hospital,dependente do Sergas (as instalacións do Vigo Memorial estarían correctas, pola conta que lles ten, ao tratarse dunha empresa privada que, se recibise unha inspección desfavorable, mesmo da inspección
de traballo, podería acarrexar o peche das súas instalacións, pero iso resulta de todo imposible que ocorra nunha instalación pública, porque a propia administración non se vai a prexudicar a si mesma). A problemática e que durante moitos anos as instalacións do Nicolás Peña foron adaptadas, como se soe dicir, daquela maneira, e o que antigamente
era unha sala mortuorio (simplemente para preparar os cadáveres para que foran recollidos polas respectivas empresas de pompas fúnebres), acabou por converterse nunha mala sala de autopsias (mellor iso, que facer as autopsias nunha mesa de pedra no cemiterio de Pereiró).
A expensas do que diga o informe de valoración de riscos laborais, imos detallar a continuación a seria problemática e eivas ás que se teñen que enfrontar, día si e día tamén, as auxiliares de autopsia e as/os médicos forenses
adscritos á Subdirección do Imelga de Vigo:
1)Os carros de lencería sucia do hospital Nicolás Peña transitan e se almacenan temporalmente no mesmo pasillo polo que teñen que entrar/sair os cadáveres.
2) A sala de autopsias linda coa cociña do hospital Nicolás Peña, polo que os residuos que saen da cociña quedan almacenados nos respectivos colectores na mesma zona de entrada dos coches fúnebres que traen os cadáveres, e dicir, os nosos mortos entran e saen polo mesmo sitio por onde se almacenan os desperdicios do hospital.
3)O acceso á sala de autopsias non ten ningún sinal luminoso de prohibición de entrada cando se está a traballar nunha autopsia nin unha circulación diferenciada (calquera persoal do hospital -e mesmo algún paciente- pode chegar a entrar, por erro, na sala de autopsias. A solución actual foi poñer unha condena na porta do corredor de acceso a
dependencias o que provoca que só dende dentro se poida desbloquear esa porta, cando o normal sería que o desbloqueo se puidera realizar, polo persoal autorizado, tanto dende un lado como dende o outro
4)A sala ten unhas ventas que dan acceso a un camiño público e se usan para ventilar dita sala, sobre todo si se emprega formol para mostras (material que actualmente esta considerado como canceríxeno).Un dos problemas e que ademais a sala de autopsias carece de atmosfera negativa e moitísimo menos de campá para os vapores do formol.
5) Non hai unha zona intermedia entre a sala de autopsias e o pasillo de acceso de cadáveres polo que se calquera dos médicos forenses ou auxiliares de autopsias ten que sair para calquera cousa (mesmo para acudir ao baño)ou sae vestido coas batas e calzado de traballo ou o ten que quitar na propia sala de autopsias.
6)Non hai unha sala de húmedos-sala de mostras.
7)A mesa de autopsias non é regulable en altura, polo que o persoal debe de subirse a determinados chanzos para poder facer correctamente a súa labor.
8) As cámaras frigoríficas non se adaptan e ensamblan correctamente á padiola de traslado de cadáveres, polo que sacar
aos mesmos da cámara frigorífica e trasladalos ata a mesa de autopsias resulta un verdadeiro problema.
9)Non hai unha grúa para o movemento dos cadáveres, se resultara necesario.
10)Non hai vestiarios diferenciados por sexos. Existe unha única ducha cuxo desagüe tarda minutos en librar o auga alí
estancada. No vestiario non hai inodoros, se non que hai que utilizar uns externos que existen no corredor de acceso.
11) Se descoñece se o persoal de limpeza cumpre co protocolo de limpeza establecido para unha sala de autopsias. Curioso é que segundo a “Guia de Procedimientos de Limpieza en el Medio Hospitalario” del Sergas http://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/1168/procedementos_limpeza.pdf unha sala de autopsias está catalogada como de Risco Medio no canto
de como Risco Alto.
12)Se descoñece se a instalación eléctrica da sala de autopsias cumpre coa instrución ITC BT 38 do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión, que regula as instalacións eléctricas en quirófanos e salas de intervención.
Agora digan vostedes, como lectores deste comunicado, se os profesionais que traballan nelas (auxiliares de autopsias e médicos forenses) non deberían estar ascendidos aos altares pola súa dedicación nestas condicións, e se estas
instalacións non deberían estar pechadas e sancionados os responsables da administración por mantelas neste estado.
Polo tanto, cabe preguntarlle ao Sr. Rueda, Vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Xustiza, se non nos
merecemos en Vigo unhas instalacións propias e acorde cos tempos nos que estamos e con previsión de futuro. Esta
última reflexión ven a colación polas propias manifestacións do Conselleiro na comision de seguemento das obras da Cidade da Xustiza en relación coa nova ubicación que se pretendía do Imelga e das súas salas de autopsias nos Anexos I e II do antigo Hospital Xeral de Vigo (estariamos outra vez en mans do Sergas) pode que nin tan sequera fora de todo correcta e que ao final todo quedara como está na actualidade.
Dende a Xunta de Persoal na citada Comisión de Seguimento das Obras da Cidade da Xustiza (dado que en todo o proxecto iamos ter unha grandísima cantidade de superficie a disposición das distintas dependencias xudiciais, mesmo
para futuras creacións de unidades xudiciais cara ao futuro –ou a lo menos asi nos foi vendido-), que todo o Anexo I albergase a sede da Subdirección do Imelga con todas as instalacións inherentes a mesma, tales como despachos, salas de atención ao público, salas de menores, servizos psicosociais, salas de formación, salas de autopsia, cámaras frigoríficas e, por que non, pedir ao Ministerio de Xustiza unha sede desprazada do Instituto Nacional de Toxicoloxía que dera servizo ao noroeste peninsular para, desta maneira, ter unhas instalacións acordes con esta cidade, que
ten aeroporto, porto e unha grandísima área de influencia (todo o sur da provincia). Pois non señor, ao parecer todo vai quedar como estaba ata o de agora e os nosos mortos seguirán a ter un trato que non se corresponde coa seriedade da labor realizada polas/os médicos forenses que, non e outra, que dar respostas non só aos xulgados, se
non aos parentes, sobre a causa da morte do seu familiar ou achegado.
Ligazón prensa "La Voz de Galicia"
Ligazón prensa "Faro de Vigo":
Comentarios
Publicar un comentario