Cando pensabamos que o tema estaba resolto, despois de ter gañado moitas sentenzas e, mesmo ter sido o precursor de ditas reclamacións, a administración autonómica mantense nas súas trece e só paga actualmente os 5,5 puntos a quen realiza as funcións de secretaria de paz e
gañou a reclamación nos tribunais xa que, a día de hoxe, ainda non foi quen de implementar na orde de confección
de nóminas o pagamento desta pequena diferenza salarial (1 punto). Así pois, nestes intres debe de haber compañeiras/os que están a prestar a súas funcións como xestores con nomeamento de secretaria/o de paz, que só perciben 4,5 puntos no canto dos 5,5 puntos que terían que estar a cobrar a pesares de existir tres sentenzas favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e que a administración perdera 3000€ en custas en ditos recursos.
Comentarios
Publicar un comentario