Por se fora pouco o atasco que ten a xustiza, agora ven o Ministerio Fiscal a engadir unha pedríña máis no camiño. Resulta que, por ser máis que o resto das partes dun procedemento penal, o Ministerio Fiscal solicita agora que se lle transcriban, en formato papel, todas as declaracións que se teñan producido na instrución dun caso, cando íntegramente ditas declaracións se atopan correctamente recollidas nun CD de gravación. Por se isto non fora pouco, o propio Fiscal Xeral do Estado ditou unha Instrución (a 3/2017) conminando a todas/os as/os fiscais a recorrer a denegación de dita petición por parte dos xulgados instrutores. Se xa todo isto parece de p é lícula dos irmans Marx, hai que engadir a todo este coctel que as audiencias provinciais están a resolver positivamente ditas peticións do ministerio público, dándolle a razón, mentras que, por outra banda, hai acordos dispares dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza e mesmo do Consello Xeral do Poder Xudicial. O último caso c