Saltar ao contido principal

IMOS CARA ATRÁS COMO OS CANGREXOS - AUPA O MINISTERIO FISCAL

Por se fora pouco o atasco que ten a xustiza, agora ven o Ministerio Fiscal a engadir unha pedríña máis no camiño. Resulta que, por ser máis que o resto das partes dun procedemento penal, o Ministerio Fiscal solicita agora que se lle transcriban, en formato papel, todas as declaracións que se teñan producido na instrución dun caso, cando íntegramente ditas declaracións se atopan correctamente recollidas nun CD de gravación. Por se isto non fora pouco, o propio Fiscal Xeral do Estado ditou unha Instrución (a 3/2017) conminando a todas/os as/os fiscais a recorrer a denegación de dita petición por parte dos xulgados instrutores. Se xa todo isto parece de pélícula dos irmans Marx, hai que engadir a todo este coctel que as audiencias provinciais están a resolver positivamente ditas peticións do ministerio público, dándolle a razón, mentras que, por outra banda, hai acordos dispares dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza e mesmo do Consello Xeral do Poder Xudicial.  O último caso coñecido deste despropósito o temos no Xulgado de Instrución nº 4 de Vigo no que, nunha causa con preso e con menores, vaise dilatar indebidamente o proceso para que se poidan transcribir a papel entre 9 ou 10 horas de declaracións, antes de poder elevar as actuacións para o seu axuizamento. Cabería preguntarse entón onde estaba o Ministerio Fiscal cando o Xuiz celebrou ditas declaracións?

Ligazón nova Confilegal:

Ligazón escritos Xunta de Persoal:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.