O pasado día 15 de xuño
celebrouse en Madrid unha reunión entre Ministerio e as organizacións sindicais
máis representativas, entre elas a CIG,
na que se trataron os seguintes temas con respecto ás aplicacións informáticas:
- Fiscalía: confirman
que en Valladolid xa itineran todo en electrónico entre os xulgados e a
Fiscalía, facendo as integracións en Fortuny dende Lexnet, e que o Ministerio
afirma que o vai extender ao resto do seu territorio progresivamente. Agardemos que a Xunta tome boa nota e
faga o mesmo AXIÑA.
- Formación: o
Ministerio planea, no seu ámbito, no prazo de dous anos, ir incorporando
progresivamente persoal de Xustiza para a formación e reducir o contrato con
Indra.
- Atendendo a peticións feitas, informan:
o
que
a través de Entorno de órgano/datos del
órgano pódese configurar o número de conta para que saia correctamente nos
documentos.
o
que
polo esquema de tramitación S99
pódese transformar un PA en Ordinario sen problema.
o
que
teñen pensado implementar a aplicación para que os embargos de contas se poidan
manter no tempo ata que se deixe sen efecto unha vez recibido o importe total.
Neste senso teñen que facer modificacións lexislativas.
A
intervención da CIG baseouse nos seguintes puntos:
- Preguntamos novamente
polos modelos de Minerva para os Xulgados de Vixiancia; o Ministerio contestou
que as actualizacións seguirán a borrar os cambios feitos no editor (os
modelos gardados), polo que están a
traballar na actualización de modelos, sen concretar prazos. Habilitarán
a alta de interveniente nos indultos. En xeral, manifesta que están a
ultimar novas versións de Minerva e Lexnet.
Preguntamos polos criterios seguidos
para conectar os Rexistros de Xestións de Penas nos territorios transferidos.
Informamos de que están a enviar as comunicacións do cumplimento de penas ao
servizo da comunidade con datos incompletos. Faltan os datos dos intervenientes
e das executorias. Instamos a que diten as oportunas instrucións a Institucións
Penitenciarias para que se completen todos os campos ou, pola contra, dende as
Secretarías de Goberno se informe da posible inadmisión dos escritos. O
Ministerio afirma que modificará o Lexnet de Institucións Penitenciarias para
que todos os campos sexan de obrigado cumprimento.
- Esiximos que se
incorpore na nova actualización a xeración de códigos de barras de Correos.
- Pedimos que os
documentos de Lexnet que se teñan que anexar aos exhortos que se envían
polo PNX poidan ir directamente, sen descargar a local.
- Tamén pedimos que se
poida tramitar “en masa”, para que non haxa que facer as cedulas,
dilixencias,... de unha en unha.
- Preguntamos polo
acurtamento do tempo de carga de datos que utiliza o Minerva nos
procedementos de execución social e penal.
- Solicitamos de novo o informe
elaborado sobre os diferentes programas de xestión, contestando que
deben preguntar “ás altas esferas” se nolo poden trasladar, porque aínda
non se fixo público.
- Preguntamos polo estado
das modificacións en Inforeg para poder expedir as certificacións en
calquera oficina do RC independentemente do lugar onde ocorreran os feitos, tal e como informou o Ministerio
dende a súa web a finais de marzo. Neste senso, informan de que a vacatio legis é só por un ano.
- Instamos a que se busquen
outras alternativas para que, cando haxa unha solicitude de xustiza gratuita
nun procedemento iniciado, non haxa que grabar todos os datos novamente
para enviarllos aos Colexios profesionais, senón que se permita facer un
volcado.
Comentarios
Publicar un comentario