Saltar ao contido principal

OUTRA SENTENZA MAÍS QUE GAÑA A CIG EN DEFENSA DAS TRABALLADORAS/ES DE XUSTIZA

Recentemente, en Lugo, a CIG acaba de obter unha sentenza favorable sobre a discriminación que sufría unha funcionaria interina, polo feito de estar de baixa por enfermidade e ter máis de 18 meses traballados no momento no que se reincorporaba da súa situación de ILT. Correctamente interpretado pola Maxistrada de Lugo, e como sempre defendeu a CIG, queda meridianamente claro que, cando o persoal interino volte dunha baixa por enfermidade, ainda que xa teña cumprido os 18 meses establecidos na Orde de interinos, quen ten que cesar e  o outro persoal interino que se nomeou para cubrir dita circunstancia (baixa por ILT) SEN que se podan aplicar os criterios establecidos no artigo 21.1 para determinar que persoa debe cesar no caso de que houbera varios interinos no centro de traballo.
Estos son feitos e o demais son contos.

Comentarios

  1. Saídes en defensa dos traballadores interinos todo-los sindicatos cando hai unha sentenza favorable; nembargantes non os defendedes cando estades repetindo continuamente que se eliminen os reforzos por funcionarios de carreira, ou cando nas sustitucións teñan preferencia, unha vez máis, os de carreira sobre os temporais. Non vos hai que agradecer nada os sindicatos respecto dos interinos, nunca estades ó seu carón.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.