Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2017

ADMITIDOS E EXCLUIDOS OPOSICIÓNS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA.

Publicase hoxe a Orde de 4 de agosto de 2017, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluidos da quenda libre e de promoción interna e se convoca para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición da promoción interna do corpo de LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA O exercicio terá lugar o día 1 de outubro de 2017 , ás 10,00 horas , na Facultade de Dereito da Universidade Complutense - Avenida da Complutense, s/n, Cidade Universitaria - Madrid.

XUNTANZA COA INSPECCIÓN DE TRABALLO - PROBLEMAS DE TEMPERATURA NO EDIFICIO DE XULGADOS DE COMPOSTELA

Na reunión convocada onte pola Inspección de Traballo quedou moi claro, tanto polo informe elaborado pola empresa encargada, como polas manifestacións verquidas por este sindicato, que é imprescindible acometer obras no edificio xudicial da rúa Viena para instalar un sistema de aire que solucione o problema das altas temperaturas que se veñen a soportar. Así se lle manifestou ao Inspector que, en breve prazo, emitirá unha resolución, na que agardamos requira á Administración Autonómica para que se acometan esas obras nun determinado prazo. Tal e como manifestou a CIG, é imprescindible que as ditas obras estean rematadas antes do vindeiro verán para que non se repitan no interior do edificio as temperaturas   que se veñen aturando dende hai anos.

A INSPECCION DE TRABALLO CONSTATARA O MAL ESTADO DOS XULGADOS DE COMPOSTELA

  O vindeiro día 23 de agosto a Inspección de Traballo  convocou á Dirección Xeral e ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral  para abordar as condicións termohigrométricas do edificio da rúa  Viena, así como a evaluación de riscos psicosociais e planificación de  actividades preventivas no Xulgado de Instrución nº 3 de Compostela. Por parte da CIG asistirá unha delegada sindical para deixar  clara constancia das queixas existentes entre o persoal que desenvolve  o seu labor nese edificio acerca das altas temperaturas que se veñen  soportando dende hai anos.

OS XULGADOS DE VIOLENCIA DE XENERO EXCLUSIVOS XA NO TEÑEN XUICES SUBSTITUTOS

Como xa vos adiantaramos, os xulgados de violencia de xénero exclusivos non teñen maxistrada/o substituto para estas vacacións e toda a competencia vai pasar ao xulgado de garda correspondente,  sobrecargando este servizo, facendo que o xuiz de garda teña que atender tamén pola mañán estes casos xuntos cos ordinarios que se prantexen, o que ralentizará tanto uns coma os outros. Ligazón Diario Público: http://www.publico.es/politica/violencia-genero-juzgados-gallegos-violencia-machista-cierran-vacaciones.html