Saltar ao contido principal

XUNTANZA COA INSPECCIÓN DE TRABALLO - PROBLEMAS DE TEMPERATURA NO EDIFICIO DE XULGADOS DE COMPOSTELA


Na reunión convocada onte pola Inspección de Traballo quedou moi claro, tanto polo informe elaborado pola empresa encargada, como polas manifestacións verquidas por este sindicato, que é imprescindible acometer obras no edificio xudicial da rúa Viena para instalar un sistema de aire que solucione o problema das altas temperaturas que se veñen a soportar. Así se lle manifestou ao Inspector que, en breve prazo, emitirá unha resolución, na que agardamos requira á Administración Autonómica para que se acometan esas obras nun determinado prazo. Tal e como manifestou a CIG, é imprescindible que as ditas obras estean rematadas antes do vindeiro verán para que non se repitan no interior do edificio as temperaturas  que se veñen aturando dende hai anos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.