Saltar ao contido principal

COIDADO COS DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES E AS VACACIÓNS

Agora que está a rematar o ano a administración autonómica trasladounos dúas advertencias-redordatorio en relacion cos días de persmiso e de vacacións:

1) Ollo cando se pidan no 2018 días de ASUNTOS PARTICULARES correspondentes ao 2017, pois hai que cambiar o ano, xa que se non a OPAX colle, POR DEFECTO, os días do propio 2018.

2) Ollo igualmente coa cantidade de días de VACACIÓNS que colledes soltos (máximo de 7) non vaia a ser que logo vos quede un periodo inferior a 5 DÍAS e teñades problemas para poder gozar de ditas vacacións. Por exemplo, se en total vos quedaban 8 días de vacacións pero deles 4 días poderían ser soltos, xa que anteriormente só gastarades 3 días, neste caso non poderíades gastar máis de 3 días soltos, pois se non o periodo que vos restaría sería inferior aos 5 días, e iso vos imperdiría gozar deste último periodo vacacional.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.