Saltar ao contido principal

NOTA INFORMATIVA ÚLTIMA HORA SOBRE SOLICITUDES PROCESOS SELECTIVOS XUSTIZA

NOTA INFORMATIVA
AQUELAS PERSOAS QUE NON DISPOÑAN DE D.N.I. ELECTRÓNICO OU TEÑAN DESACTIVADA A SÚA FUNCIONALIDADE (NÚMERO DE SOPORTE POSTERIOR AO ASG 160.000 EXPEDIDOS A PARTIRES DE ABRIL DE 2015) DE CONFORMIDADE CO PUBLICADO NA PÁXINA WEB DA POLICÍA NACIONAL EN RELACIÓN AO DNI ELECTRÓNICO, PODERÁN ELEXIR COMO MÉTODO DE IDENTIFICACIÓN OUTROS CERTIFICADOS DIXITAIS VÁLIDOS COMO A CL@VE PIN OU CL@VE PERMANENTE PARA PODER REALIZAR A INSCRICIÓN ONLINE
Para participar neste proceso selectivo deberase encher o modelo oficial de solicitude de admisión as probas seletivas da Administración de Xustiza (modelo 790-código 007 en cuxa parte superior figura “Solicitud de admisión a pruebas selectivas de la Administración de Justicia y liquidación de la tasa de derechos de examen”), que estará dispoñible na prataforma dixital INSCRIPCIÓN DE PRUEBAS SELECTIVAS (IPS) .
A presentación de solicitudes realizarase no prazo de vinte días hábiles a partires do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Estado, con independencia de que a convocatoria e, polo tanto, a solicitude poidan seguir operativas algún día máis en IPS. A non presentación desta en tempo e forma suporá a exclusión da/o aspirante.
Cumprimentada a solicitude procederase ao pagamento electrónico e rexistro, segundo as instruccións que se indican na propia prataforma.
Como resultado final poderase descargar un documento cos comprobantes do pagamento e do rexistro da solicitude, asinado electrónicamente, que servirá de xustificante de ter realizado o proceso correctamente.
A constancia do correcto pagamento da tasa estará avalada polo Número de Referencia Completo (NRC) emitido por la AEAT que figurará no xustificante de rexistro.
No caso de que non se poida realizar o pagamento por non dispoñer de conta en calquera das entidades colaboradoras adheridas á pasarela de pagamento da Axencia Tributaria, poderase realizar a presentación e pagamento en papel, conforme ao establecido na base novena das bases comúns, debendo cumprimentarse o Anexo IV.
De xeito excepcional, tamén, se admitirá a presentación e pagamento en papel, cando se produzan incidencias técnicas en IPS que imposibiliten a tramitación telemática da solicitude, o que haberá que acreditar documentalmente.
CUMPRIMENTACION INSTANCIAS:
Casilla 16 Especialidade: Non encher.
Casilla 24: Seleccionarase o despregable e elixirase o título que se posúa consonte ao previsto na convocatoria. En caso de non constar no despregable dita titulación seleccionarase o guión que aparece no primeiro lugar (-) e, na seguinte casilla, consignarase a titulación requirida que se posee.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.