Saltar ao contido principal

CONCURSO DE TRASLADOS: OLLO COAS TOMAS DE POSESIÓN DO PERSOAL TITULAR QUE PERTENCE NA ACTUALIDADE AO RÉXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL E NON A DEREITOS PASIVOS

Ante a problematica das tomas de posesion para as traballadoras/es pertencentes ao rexime xeral da Seguridade Social e dada a  inflexibilidade da TXSS (na actualidade moito mais agravada), dende a CIG diriximos un escrito ao Ministerio de Xustiza  para que na Resolución do concurso se estableza que a data de cesamento so teña efectos para o inicio do computo do prazo posesorio, polo que este debería ser RETRIBUÍDO e COTIZADO pola comunidade de orixe ou, como mal menor, que na antedita Resolución do concurso se estableza que a comunidade cesante está obrigada a comunicar á comunidade receptora, no dia seguinte ao cesamento, todos e cada un dos datos necesarios para poder dar de alta as traballadoras e traballadores do rexime xeral, para que non se produzan discordancias entre os efectos das altas entre distintas comunidades autonomas, xa que logo na TXSS so hai un prazo de poucos dias para dar o alta, o que se contradí claramente, por exemplo, co prazo de 20 días posesorios.

Ligazón escrito presentado:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr