Periodicamente, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza garántelle ao persoal traballador a
vixilancia e control do estado da súa saúde mediante a publicación no
DOG, ou calquera outro método que facilite a súa difusión, da convocatoria do
anuncio dos recoñecementos médicos periódicos.
A solicitude farase de forma
individualizada conforme se establece na convocatoria e, unha vez rexistrada a petición na páxina correspondente (a que podedes acceder facendo clic na icona de abaixo), xerarase un xustificante de solicitude que deberá presentarse
debidamente cuberto e asinado ao persoal sanitario no momento da cita no
centro médico que corresponda.
Para a campaña de 2018 o prazo de inscrición está aberto do 2 de febreiro ao 15 de marzo.
Comentarios
Publicar un comentario