Saltar ao contido principal

2/3 DAS TRABALLADORAS/ES DA ADMNISTRACIÓN E XUSTIZA COPAN COMPOSTELA SEGUNDO "LA VOZ DE GALICIA"

O pasado dia 7/4/2018, as 14:45 horas, como consecuencia da mobilización en Compostela do persoal de xustiza, Juan Capeans publicou, na edicion dixital de "La Voz de Galicia", o seguinte artigo:


Dando por boa a labor contabilizadora e verificadora do Sr. Capeans e do seu periódico, debemos agradecerlle tanto celo na súa labor, pois deu verificado e contrastado, en moi pouco tempo, que había en Compostela uns 1500 funcionarios de xustiza. Dando por bos eses números, se descontamos a Ana Pontón (BNG), Luis Villares (En Marea), Gonzalo Caballero e Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Olga Louzao (Ciudadanos), que loxicamente non estaban alí como funcionarios da Adminitración de Xustiza, pois as contas dan que en Compostela había, a lo menos, segundo as contas do Sr. Capeans, 1495 funcionarios de xustiza, se as matemáticas non fallan. Polo tanto, se temos en conta que somos un colectivo duns 2500 traballadores, case podemos dicir, sen medo a equivocarnos moito, que en Compostela estaban case 2/3 das traballadoras/es da Administración de Xustiza en Galiza.  Un bo número de traballadoras/es que están a secundar a folga contra o Sr. Feijoo, o Sr. Rueda e as nefastas políticas do Partido Popular en materia de xustiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.