Dende a CIG queremos anosar a nosa ledicia ante a noticia do inicio dos tramites para a creación de Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribadeo, unha antiga reivindicación do noso Sindicato . Parece que a Xunta toma partido no asunta pois o 28 de marzo a directora xeral de Xustiza, Begoña Santos Fernández, mantivo unha xuntanza co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, na que lle trasladou o firme compromiso da Xunta de Galicia para impulsar a creación dun partido xudicial en Ribadeo. Así, informoulle de que a Xunta instará ao Goberno central a modificar a actual Lei de Planta e Demarcación Xudicial de xeito que se cree un novo partido xudicial na provincia de Lugo, que inclúa un xulgado de primeira instancia e instrución nesta localidade. Na reunión, a directora indicoulle ao rexedor municipal que tan pronto tome posesión o próximo ministro de Xustiza seralle comunicada esta petición, co plantexamento e a argumentación precisa para levar adiante a súa creación. Neste