A CIG ven de solicitar do CXPX a modificación do Regulamento de Aspectos Accesorios a fin de que no mesmo se contemple un novo sistema de garda diaria de 12 horas de permanencia e 12 horas de dispoñibilidade para Vigo e A Coruña. A nosa central sindical entende que os esforzos dirixidos a consecución do sistema de gardas diarias de 24 horas están a caer en balde roto, sobre todo se temos en conta a dificultade que, nestes momentos, supón o custe económico da implantación de dito sistema. Intentando facer un esforzo imaxinativo e unha proposta coherente e factible tanto dende o punto de vista organizativo como económico, que teña máis visos de prosperar que seguir teimando na implantación dun sistema de gardas diario de 24 horas que nos vai ser negado, tanto estatística como economicamente, é polo que o pasado 23 de decembro propuxémoslle ao Consello Xeral do Poder Xudicial que, en base as competencias previstas no Art. 48 do Regulamento de Aspectos Accesorios, leve a cabo