Onte día 26 celebrouse en Compostela unha xuntanza da Mesa do Persoal Interino a fin de empezar cos contactos cara a posible nova convocatoria das bolsas. A administración xa comunicara a súa intención de prorrogar de xeito excepcional as bolsas en tanto en canto non se adoptaba unha decisión final sobre a nova covocatoria. Finalmente, parece ser, que entre as distintas opcións existentes, a administración vaise decantar pola convocatoria formal dunhas novas bolsas de persoal interino. Polo tanto, o máis probable, e que antes de que rematen os seis meses de prórroga excepcional se publique unha nova regulamentación das bolsas de interinos (modificadas e adaptadas, en maior ou menor medida, ás circunstancias actuais, dependendo da negociación que se leve a cabo) e a subseguinte convocatoria para a presentación de instancias. Resolución Prórroga Interinos (DOG)