Temos que darlle a noraboa as compañeiras e compañeiros de Vigo os que, nun acto de verdadeiro compromiso, respaldaron con 162 enquisas a favor a opción de ir á folga no sector de xustiza en Galiza nas dúas opcións contempladas na consulta, como única alternativa ante as gravísimas agresións que estamos a sufrir por parte da administracion da Xunta. Agardamos que a valentía mostrada polas compañeiras/os desta cidade sirva de exemplo e acicate ás demais compañeiras/os dos distintos partidos xudiciais de Galiza para que podamos tomar unha decisión entre todos nós, tan importante como a de ir a unha mobilización total. Ánimo a todas/os e que, finalmente, a decisión que como grupo adoptemos sexa a máis acaida para poder chegar a recuperar os dereitos que nos foron roubados.