Novamente o ministro Sr. Gallardón, facendo gala das peores artimañas, negocia as agachadas cos Rexistradores da Propiedade, ofrecéndolles no se sabe que (probablemente algún tipo de contraprestación, pois nunca na historia se mirou a un rexistrador que fixera nada gratis), para acadar a asunción das competencias do Rexistro Civil, pero non coa fin de mellorar o servizo público e gratuito prestado ata o de agora, se non para que o Sr. Rajoy e os seus irmáns (Maria de las Mercedes e Enrique), máis a nora do propio Sr. Gallardón (Teresa), sen esquecer ao mesmísimo Director Xeral dos Rexistros e o Notariado (Joaquín José), tamén rexistrador de profesión, para que todos eles poidan seguir mantendo o seu estatus privilexiado de cobrar por aranceis e non por nómina como se fai no resto de Europa, ao estar considerados como funcionarios públicos. Nestes intres o servizo do Rexistro Civil é a envexa dos servizos prestados pola administración de xustiza e como pera en doce ofrécese a un co