O Ministerio acaba de trasladarnos a Orde de 6-10-2014 pola que se anuncian as prazas desertas para os opositores do Corpo de Xestión PA, quenda promoción interna, aprobados nos procesos selectivos convocados por Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro (BOE do 24-10-2013). Ditas prazas estarán colgadas na páxina web do Ministerio e serán expostas no Centro de Estudios Xurídicos, en cumprimento da Base 7.8 da convocatoria de ditas oposicións. Así mesmo tamén se publicou a Orde JUS/1864/2014, de 30 de setembro , pola que se publica a relación definitiva de aprobados do proceso selectivo para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre.