Por medio do presente trasladámosvos a nota informativa que no sector de autonómica se está a difundir sobre a devolución da extra. Dado que na nosa comunidade, ao estar transferida a xestión no sector de xustiza, é tamén a comunidade autónoma quen executa esas devolucións, o máis probable e que as mesmas se produzan do mesmo xeito que con dito persoal de autonómica. "O Partido Popular, como terapia para situacións de desnutrición salarial, vainos administrar a devolución da extra do 2012 en doses homeopáticas, non vaia ser que empachemos. Da reunión mantida o mércores 23 de decembro coa Administración, infórmanos das porcentaxes e datas aproximadas (enriquecidas por nós con eventos salientábeis que estimulan a devolución) da extra do 2012. Devolven o 12,5 % da extra do 2012 en xaneiro. Antes das Eleccións Municipais devolven outro 12,5%. No 2016 (hai Eleccións Autonómicas) o 50%. No 2017, o 25% que falta. No resto de Administracións van cobrar no 2015 as extras entei