Saltar ao contido principal

VERDADES E MENTIRAS SOBRE O IMPORTE DAS RETRIBUCIÓNS DE XUSTIZA

A administración autonómica minte e manipula descaradamente a súa información e quere facernos parvos a todas as funcionarias/os de xustiza. Vese que sacaron a carreira de "letras" e non a de "números", porque incluir por separado a todas as comunidades do territorio Ministerio, que teñen un único pagador, para así querer indicar que estamos por riba, na metade de "taboa clasificatoria", é un argumento ben ruin, sobre todo se temos en conta que xogamos na "Champions League" das Comunidade Autónomas e que, nese caso, deberiamos estar da metade da taboa para arriba e non para abaixo.
¿A que mudaría a perspectiva dos datos facilitados se as cinco comunidades autónomas do territorio Ministerio (que si lles suben o CAT o farían a todas ao mesmo tempo) se consideraran como unha soa?; pois así estariamos no posto 7 de 11 (ou no posto 9 de 13 se incluímos ao Pais Vasco e Navarra, que de momento tamén son Comunidades Autónomas de España), dous postos por debaixo da tal media, mentras que para a administración estariamos no posto 7 de 15, e dicir, un por riba da media. En fin, se estes son todos os recursos e argumentos que teñen para debater, así se pode explicar como non chegamos a un acordo.
Aos traballadores públicos da xustiza "pedíronnos" un esforzo de catro anos e tivemos que tragar con iso porque non nos quedou outra e agora nos lle pedimos a administración un esforzo de tres anos, e van e din que con un ano de esforzo xa esfurrican.



CCAA
XES

CC.AA.
TRA

CC.AA.
AUX
1
Euskadi
987,46
1
Euskadi
803,84
1
Euskadi
772,22
2
Navarra
693,88
2
Madrid
638,30
2
Madrid
632,34
3
Madrid
641,73
3
Navarra
633,95
3
Cantabria
607,70
4
Cantabria
636,91
4
Cantabria
615,43
4
Asturias
530,85
5
Canarias
577.72
5
Andalucía
542,37
5
Andalucía
523,92
6
Andalucía
573,65
6
Canarias
541,36
6
Canarias
505,00
7
Asturias
555,96
7
Asturias
534,38
7
Galicia
500,58
8
Valencia
544,12
8
Galicia
507,58
8
Valencia
496,53
9
Galicia
520,64
9
Valencia
507,36
9
A Rioxa
468,80
10
A Rioxa
491,82
10
A Rioxa
471,39
10
Navarra
451,84
11
Cataluña
477,63
11
Cataluña
463,79
11
Cataluña
450,11
12
Aragón
465,50
12
Aragón
444,86
12
Aragón
437,45
MINISTERIO
Murcia
410,89
MINISTERIO
Murcia
390,26
MINISTERIO
Murcia
387,64
Baleares
410,89
Baleares
390,26
Baleares
387,64
Castela-León
410,89
Castela-León
390,26
Castela-León
387,64
Castela-A Mancha
410,89
Castela-A Mancha
390,26
Castela-A Mancha
387,64
Estremadura
410,89
Estremadura
390,26
Estremadura
387,64




Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr